Desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024 estará aberto o prazo de presentación de solicitudes das Axudas para alumnado con Necesidade Específíca de Apoio Educativo para o curso 2024-2025 convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Toda a información ao respecto está nos seguintes enlaces:
Este pasado 2 de abril conmemorouse como todos os anos o Día Mundial do Autismo que para tratar de entendelo é necesario darlle a maior visibilidade posible a esta realidade da nosa sociedade.
Na actualidade noméase como Trastorno do Espectro do Autismo (coñecido por TEA) a "unha condición de orixe neurobiolóxica que afecta a configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral; acompañando á persoa ao longo de toda a súa vida e afectando fundamentalmente a 2 áreas do desenvolvemento persoal: a comunicación e interacción social; e a flexibilidade de pensamento e comportamento".
No noso CEIP vivimos día a día a experiencia de poder traballar e sobre todo de aprenderco alumnado que presenta esta condición.
Resulta fundamental:
Rapidez na detección.
O fortalecemento da Estimulación Temperá a través dos Servizos Públicos (Sanidade, Educación, Benestar) desde o mesmo momento de sospeita con incremento de recursos.
No noso ámbito educativo é urxente a dotación de profesionais especializados no 1º ciclo de educación Infantil e o aumento nas demais etapas educativas, xunto cunha necesidade de continuidade.
O axuste e flexibilización das modalidades de escolarización dispoñibles co obxectivo de dar resposta de calidade e especializada ás necesidades existentes.
Flexibilidade e innovación educativa na metodoloxía educativa.
Para coñecer máis (guías,recursos,..) recomendamos os seguintes enlaces:
Les Chaussures de Louis (Los zapatos de Luis): curtametraxe de animación francesa de 2020 dirixido por Marion Philippe, Kayu Leung, Théo Jamin y Jean-Géraud Blanc e producido por Anne Brotot con MoPA 3D School. A curto presentouse en varios festivais, e gañou premios en 2021 no Festival Internacional de Cine de Animación Trickfilm de Stuttgart e nos Premios da Academia de Estudantes.
Este venres 1 de marzo de 2024 e ata o 20 de marzo, iníciase un dos procesos nos que as familias da rapazada infantil amosa máis dúbidas, temores ao longo da crianza: a admisión nun CEIP (Centro de Educación Infantil e Primaria).
A información de todo este proceso nos diferentes centros é de obrigada publicidade en todos eles (no noso CEIP Ramón de la Sagra está no enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonsagra/).
Documentación necesaria cando a demanda sexa superior á oferta.
Criterios de baremo.
Asignación de prazas.
Publicación de listaxes.
Adxudicación subsidiaria.
Matrícula.
Normativa
Desde o Departamento de Orientación queremos aportar o noso gran de area cunha presentación con aspectos e recomendacións para o desenvolvemento do alumnado de Educación Infantil.
Iniciamos este Blog coa ilusión de converter este espazo nun lugar de encontro que sirva de luz para informar, facer reflexionar e colaborar na mellora do coñecemento de todo o relacionado coa realidade educativa da que somos partícipes.
Temos a curiosidade por compartir experiencias e ofrecer alternativas a diferentes situacións coas que nos atopamos no noso día a día no ámbito educativo profesorado, alumnado e/o familias.
Vémonos!
A Consellería de Educación vén de publicar a Orde de 4 de xaneiro de 2024 sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,
Recomendamos a lectura da Guía para padres con hijos en Educación Primaria sobre el uso saludable de las nuevas tecnologías (Defensor del Menor Comunidad de Madrid, Fundación Gaudium, Obra Social Caja Madrid) na que de manera moi didáctica e práctica tratan esta temática: