Páginas

04 abril, 2024

Achegándonos ao TEA

 Este pasado 2 de abril conmemorouse como todos os anos o Día Mundial do Autismo que para tratar de entendelo é necesario darlle a maior visibilidade posible a esta realidade da nosa sociedade.

Na actualidade noméase como Trastorno do Espectro do Autismo (coñecido por TEA) a "unha condición de orixe neurobiolóxica que afecta a configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral; acompañando á persoa ao longo de toda a súa vida e afectando fundamentalmente a 2 áreas do desenvolvemento persoal: a comunicación e interacción social; e a flexibilidade de pensamento e comportamento".

No noso CEIP vivimos día a día a experiencia de poder traballar e sobre todo de aprender co alumnado que presenta esta condición.

Resulta fundamental:

  • Rapidez na detección.
  • O fortalecemento da Estimulación Temperá a través dos Servizos Públicos (Sanidade, Educación, Benestar) desde o mesmo momento de sospeita con incremento de recursos.
  • No noso ámbito educativo é urxente a dotación de profesionais especializados no 1º ciclo de educación Infantil e o aumento nas demais etapas educativas, xunto cunha necesidade de continuidade.
  • O axuste e flexibilización das modalidades de escolarización dispoñibles co obxectivo de dar resposta de calidade e especializada ás necesidades existentes.
  • Flexibilidade e innovación educativa na metodoloxía educativa.
Para coñecer máis (guías,recursos,..) recomendamos os seguintes enlaces:
  • ASPANAES, asociación con Convenio coa Consellería de Educación e coa que nos coordinamos e que acaba de actualizar a súa páxina Web: https://aspanaes.org/?utm_campaign=presentacion-web-a-grupos-de-interes&utm_medium=email&utm_source=acumbamail
  • Blog Mónica Diz Orienta, blog especializado en Orientación Educativa e Atención á Diversidade, que neste enlace presenta Guías e Recursos de interese: https://monicadizorienta.blogspot.com/search/label/Autismo
  • Les Chaussures de Louis (Los zapatos de Luis): curtametraxe de animación francesa de 2020 dirixido por Marion Philippe, Kayu Leung, Théo Jamin y Jean-Géraud Blanc e producido por Anne Brotot con MoPA 3D School. A curto presentouse en varios festivais, e gañou premios en 2021 no Festival Internacional de Cine de Animación Trickfilm de Stuttgart e nos Premios da Academia de Estudantes.





Ningún comentario:

Publicar un comentario