Coa entrada deste 2025, o pasado 2 de xaneiro, publicouse no DOG a Resolución 31/12/2024 da Consellería de Política Social no que se aproba un modelo normalizado de solicitude conxunta do recoñecemento da situación de dependencia e do dereito as prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia e do recoñecemento do grao de discapacidade que podedes consultar no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250102/AnuncioG0762-271224-0003_es.pdf
Agardamos que esta unificación axilice estes procesos imprescindibles en moitas situacións en todos os ámbitos e que no proceso educativo son especialmente fundamentais xa que o principio da atención á diversidade no que se vertebra o ensino pódese ver favorecido cara a optimización do desenvolvemento de todo o noso alumnado.
Nestes momentos a concesión destes recoñecementos inflúen en:
- Plan MEGA: programa iniciado este curso escolar 2024/2025 pola Consellería de Educación no que teñen en conta os recoñecementos tanto de dependencia como de discapacidade para a dotación de profesorado especialista e para a redución da rateo (cantidade de alumnado por aula) no caso de haber alumnado con recoñecemento.
- Bolsas de Necesidades Específicas de Apoio Educativo convocadas polo MEC cada curso escolar.
- Dotación nos centros de recursos humanos cara a equidade como poder ser Persoal Auxiliar Coidador ou Intérprete de lingua de signos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario