Páginas

04 abril, 2024

Achegándonos ao TEA

 Este pasado 2 de abril conmemorouse como todos os anos o Día Mundial do Autismo que para tratar de entendelo é necesario darlle a maior visibilidade posible a esta realidade da nosa sociedade.

Na actualidade noméase como Trastorno do Espectro do Autismo (coñecido por TEA) a "unha condición de orixe neurobiolóxica que afecta a configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral; acompañando á persoa ao longo de toda a súa vida e afectando fundamentalmente a 2 áreas do desenvolvemento persoal: a comunicación e interacción social; e a flexibilidade de pensamento e comportamento".

No noso CEIP vivimos día a día a experiencia de poder traballar e sobre todo de aprender co alumnado que presenta esta condición.

Resulta fundamental:

  • Rapidez na detección.
  • O fortalecemento da Estimulación Temperá a través dos Servizos Públicos (Sanidade, Educación, Benestar) desde o mesmo momento de sospeita con incremento de recursos.
  • No noso ámbito educativo é urxente a dotación de profesionais especializados no 1º ciclo de educación Infantil e o aumento nas demais etapas educativas, xunto cunha necesidade de continuidade.
  • O axuste e flexibilización das modalidades de escolarización dispoñibles co obxectivo de dar resposta de calidade e especializada ás necesidades existentes.
  • Flexibilidade e innovación educativa na metodoloxía educativa.
Para coñecer máis (guías,recursos,..) recomendamos os seguintes enlaces:
  • ASPANAES, asociación con Convenio coa Consellería de Educación e coa que nos coordinamos e que acaba de actualizar a súa páxina Web: https://aspanaes.org/?utm_campaign=presentacion-web-a-grupos-de-interes&utm_medium=email&utm_source=acumbamail
  • Blog Mónica Diz Orienta, blog especializado en Orientación Educativa e Atención á Diversidade, que neste enlace presenta Guías e Recursos de interese: https://monicadizorienta.blogspot.com/search/label/Autismo
  • Les Chaussures de Louis (Los zapatos de Luis): curtametraxe de animación francesa de 2020 dirixido por Marion Philippe, Kayu Leung, Théo Jamin y Jean-Géraud Blanc e producido por Anne Brotot con MoPA 3D School. A curto presentouse en varios festivais, e gañou premios en 2021 no Festival Internacional de Cine de Animación Trickfilm de Stuttgart e nos Premios da Academia de Estudantes.





01 marzo, 2024

Inicio do proceso de admisión en centros

Este venres 1 de marzo de 2024 e ata o 20 de marzo, iníciase un dos procesos nos que as familias da rapazada infantil amosa máis dúbidas, temores ao longo da crianza: a admisión nun CEIP (Centro de Educación Infantil e Primaria).

A información de todo este proceso nos diferentes centros é de obrigada publicidade en todos eles (no noso CEIP Ramón de la Sagra está no enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonsagra/).

Recomendamos tamén o enlace do portal da Consellería de Educación   https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision onde detalla:

  • Solicitudes
  • Prazos e lugares de presentación.
  • Documentación.
  • Documentación necesaria cando a demanda sexa superior á oferta.
  • Criterios de baremo.
  • Asignación de prazas.
  • Publicación de listaxes.
  • Adxudicación subsidiaria.
  • Matrícula.
  • Normativa
Desde o Departamento de Orientación queremos aportar o noso gran de area cunha presentación con aspectos e recomendacións para o desenvolvemento do alumnado de Educación Infantil.



19 xaneiro, 2024

O paso de Educación Primaria a Educación Secundaria

 Xa chegou o proceso de reserva de praza nos IES para os "maiores" dos CEIPs e podedes  atopar toda a información oficial no portal da nosa Consellería de Educación no enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision.

Nós elaboramos unha presentación referida a este paso, agardando que sexa da vosa utilidade.

QUE É ISO DA ESO de Nacho Castro

08 xaneiro, 2024

Benvida

Iniciamos este Blog coa ilusión de converter este espazo nun lugar de encontro que sirva de luz para informar, facer reflexionar e colaborar na mellora do coñecemento de todo o relacionado coa realidade educativa da que somos partícipes. Temos a curiosidade por compartir experiencias e ofrecer alternativas a diferentes situacións coas que nos atopamos no noso día a día no ámbito educativo profesorado, alumnado e/o familias. Vémonos!

Novidade no uso dos móbiles nos centros educativos de Galicia

 A Consellería de Educación vén de publicar a Orde de 4 de xaneiro de 2024 sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240104_orde_uso_mobiles_asinada.pdf



Recomendamos a lectura da Guía para padres con hijos en Educación Primaria sobre el uso saludable de las nuevas tecnologías (Defensor del Menor Comunidad de Madrid, Fundación Gaudium, Obra Social Caja Madrid) na que de manera moi didáctica e práctica tratan esta temática: